Centro Leste

Centro Leste Intervención realizada no centro cultural de Pontevedra Leste, decorado con motivos relacionados coa produción alimentar que caracterizaba esa zona. Ubícase perto da afamada “Finca da Abundancia”, que durante un tempo surtiu de produtos agrícolas a Pontevedra.

Exposición Miliario

Exposición Miliario Mentres se realizaban as excavacións arqueolóxicas relacionadas coa reforma da Praza de Valentín García Escudero, apareceu un novo miliario romano que aportaba máis datos sobre a vía entre Braga e Lugo “per loca maritima” que atravesaba Pontevedra. Os encargados municipais da custodia decidiron expoñelo á cidadanía nas Ruinas de San Domingos, para o […]

Na casa

Intervencións domésticas A aplicación de vinilos no interiorismo doméstico é cada vez máis frecuente. Son moitas as persoas que deciden complementar o seu mobiliario con aplicacións que aportan ao seu domicilio ese toque de distinción e personalidade que merecen.

Expo Ponte do Burgo

Expo Ponte do Burgo A exposición sobre a evolución da Ponte do Burgo naceu para ubicarse no claustro do Museo de Pontevedra e despois convertiuse en itinerante, xa que se instalou na rúa 12 de Novembro e na propia ponte cando foi reinaugurada tras a última reforma. Fabricáronse en exclusiva as estruturas de madeira que […]

Hostelaría

Coa hostelaría Unha liña de servizos especial para a empresa hosteleira que abrangue desde as necesidades decorativas interiores ata a sinalización con calquera tipo de rótulo exterior, vinilos de vidro ou parede, cartelería efémera, cartas personalizadas, etc. Tamén abordamos procesos de imaxe xeral do local, co soporte técnico que cada situación requira.

Mundial Multisport

Mundial Multisport Un dos traballos máis trascendentes que levamos a cabo foi a provisión de elementos publicitarios para o Campionato Mundial Multisport que a Federación Española de Tríatlon e o Concello de Pontevedra celebraron en 2019. A nosa pegada notouse nos principais elementos que aportaron cor e identidade ao evento, en especial aqueles elementos exteriores […]