Tel. 986 843 531 – Impresión dixital en pequeno e gran formato.
Expo Ponte do Burgo
A exposición sobre a evolución da Ponte do Burgo naceu para ubicarse no claustro do Museo de Pontevedra e despois convertiuse en itinerante, xa que se instalou na rúa 12 de Novembro e na propia ponte cando foi reinaugurada tras a última reforma.
Fabricáronse en exclusiva as estruturas de madeira que contiñan os elementos principais da mostra e montouse no espazo asignado polo Museo, no que tamén se instalaron rótulos e mobiliario para o resto dos elementos complementarios dos paneis explicativos.
Con posterioridade, foi retirada do recinto museístico e reinstalada, con pequenas adaptacións, nos devanditos espazos exteriores.