Tel. 986 843 531 – Impresión dixital en pequeno e gran formato.
Exposición Miliario
Mentres se realizaban as excavacións arqueolóxicas relacionadas coa reforma da Praza de Valentín García Escudero, apareceu un novo miliario romano que aportaba máis datos sobre a vía entre Braga e Lugo “per loca maritima” que atravesaba Pontevedra.
Os encargados municipais da custodia decidiron expoñelo á cidadanía nas Ruinas de San Domingos, para o que se dispuxo o dispositivo acaído para soportar a peza e explicar o seu significado.