Mundial Multisport

Un dos traballos máis trascendentes que levamos a cabo foi a provisión de elementos publicitarios para o Campionato Mundial Multisport que a Federación Española de Tríatlon e o Concello de Pontevedra celebraron en 2019.

A nosa pegada notouse nos principais elementos que aportaron cor e identidade ao evento, en especial aqueles elementos exteriores sobre os que xirou a iconografía da cidade naqueles días de deporte e promoción urbana.

Arcos de meta, liñas de partida, branding promocional, traseiras de prensa… Múltiples soportes para a imaxe internacional da cidade.