Os servizos de impresión
vinilos
O tratamento dos vinilos é unha das nosas especialidades.
O desenvolvemento dos vinilos e a súa progresiva calidade, tanto nos soportes como nos acabados que logra a impresión fan deste elemento un instrumento moi útil e frecuente na comunicación actual.
O vinilo é un elemento plástico que se adhire a un soporte determinado, sexa un obxecto fixo (unha parede ou un rótulo, por exemplo) ou móbil.
Básicamente existen dous modos de utilizar o vinilo nas utilidades máis cotiáns: o que se recorta para crear determinadas formas en cores planas (letras, logos…) e o que se imprime sobre unha base que adoita ser branca pero tamén pode ser translúcida ou transparente.
Tamén podemos combinar ámbalas fórmulas: imprimir primeiro o vinilo e recortar a forma que se precise.
As súas aplicacións son case infinitas: rotulación, interiorismo, sinalécticas, publicidade exterior, xanelas, displays, exposicións, escaparates…
- VINILO IMPRESO
- VINILO DE CORTE
- VINILO IMPRESO E RECORTADO
- VINILO SOLAR PARA XANELAS
- TRATAMENTO E RESTAURACIÓN DE VINILOS DETERIORADOS
- VINILO TRANSLÚCIDO
- VINILO TRANSPARENTE IMPRESO
- VINILO PARA A IMPRESIÓN SOBRE TÉXTIL




Impresións
Área técnica
Obxectos
- Merchandising
- Camisetas
- Álbumes fotográficas
- Chapas publicitarias
In - out
- Interiorismo
- Rotulación
- Publicidade exterior
- Sinalización
- Sinaléctica
- Exposicións